Rematadas as obras da Senda Peonil de Laxe
23 de xuño de 2020 (11:31 h.)
Xa está completamente lista a senda peonil e ciclista de 800 metros que conecta a zona escolar e deportiva de Cabo dArea coa vila de Laxe. A senda consta de dous treitos, comezando o itinerario principal polo extremo da praia pola marxe dereita desta vía ata a vila. O segundo tramo desenvólvese paralelo ao Rego dos Cabalos que conecta co paseo marítimo e carril bici.
Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Ramón Vazquez y Reino S.L. por importe de preto de 225.000 euros.
Novas relacionadas
- Aprobada a senda entre Quenxe e o Faro C.
- Abril 20: Reiniciadas as obras da senda polo paseo marítimo de Laxe que podería estar acabada en maio.