Martes. 19.03.2024
El tiempo

Aprobada a senda entre Quenxe e o Faro C

Estrada ata o Faro C de Corcubion
Aprobada a senda entre Quenxe e o Faro C

A DP 2801, a estrada que une Corcubión co Faro C, contará cunha senda peonil. Así o aprobou este venres o pleno da Deputación da Coruña, cun investimento de máis de 1 millón de euros e no marco dunha serie de Sendas ata 7 faros da provincia.

Os traballos comprenderán a ampliación da estrada ata os 7 metros de ancho (dous carrís de 3,5 metros), con arcén de medio metro e e unha senda peonil de 2 metros de ancho pola marxe esquerda da calzada, que discorrerá dende o punto quilométrico 0+780 (Quenxe) ao 2+554 bordeando a ría e prolongarase despois polo ramal que conduce ata o faro, pasando polo campo de fútbol. O ramal disporá dunha plataforma de 6 metros e senda de 2 metros de ancho.

Ademáis da ampliación da estrada e a creación da senda, as obras inclúen tamén a mellora do trazado en puntos coma unha curva á altura da praia da Cobiña.

Novas relacionadas

Comentarios