Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Reiniciadas as obras da senda polo paseo marítimo de Laxe que podería estar acabada en maio

Obras na senda do Cabo da Area en Laxe
Obras na senda do Cabo da Area en Laxe
Reiniciadas as obras da senda polo paseo marítimo de Laxe que podería estar acabada en maio

Volveron ao traballo as obras que promove a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na comarca de Bergantiños-Costa da Morte. Neste caso falamos das obras do itinerario peonil e ciclista pola contorna da AC-429 ata o Paseo marítimo pola zona de Cabo da Area.

Unhas que comezaban en xaneiro pero que permaneceron paralizadas durante as últimas dúas semanas polas restricións do Estado de Alarma.

A día de hoxe os operarios están a proceder ao hormigonado do pavimento da senda, dende o km 9+950 ao 10+500.

Prevén que que as obras poidan estar terminadas a finais do mes de maio.

Obras en Laxe

Novas relacionadas

comentarios