A veciñanza de Laxe demostra a súa preocupación ante a ameaza da reapertura da mina de Coéns

Plataforma Salvemos Coens

Este pasado pasado, o local social Traba acollía unha charla informativa sobre o proxecto da mina de Coéns. Cita que rexistrou un grande interese e contou cunha ampla participación veciñal ante a ameaza da reapertura da antiga mina moi preto das vivendas.
Durante o encontro, a bióloga Isabel Segura explicou diversos aspectos relacionados coa xeoloxía e a minería, así como os posibles impactos derivados deste tipo de explotacións.

Isabel Segura

A xornada tamén serviu para abrir un espazo de debate entre as persoas asistentes, que formularon numerosas preguntas e dúbidas sobre o proxecto e as súas consecuencias ambientais e sociais.

Ademais, informouse de que, a día de hoxe, o Concello aínda non entregou os compromisos adquiridos na reunión mantida cos veciños o pasado 22 de febreiro. Entre esa documentación pendente atópanse as alegacións por parte do concello e o informe de estado cero da auga, da calidade do aire e do impacto sonoro.

Durante o acto tamén se venderon camisetas de apoio á causa e recolléronse sinaturas entre os asistentes, nunha mostra máis da implicación e mobilización veciñal arredor deste asunto.

As persoas asistentes insistiron na importancia da transparencia e da información pública ante un proxecto que xera unha grande preocupación social na contorna.

Máis novas sobre o proxecto