O Concello de Laxe comprométese a facer alegacións á mina de Coéns tras reunirse coa veciñanza afectada
Este domingo, o alcalde de Laxe, Paco Charlín, mantivo unha reunión cunha comisión de vecilños e veciñas de Coéns, veciños doutros lugares afectados como Gundar ou Matío, así como representantes da Asociación Medioambiental Contramínate.
A veciñanza formulou todas as súas dúbidas sobre o ruído, a posible contaminación do aire ou nas augas dos pozos particulares, así como o patrimonio afectado polas vibracións e a afectación directa aos animais e pastos polo polvo de caolín, que poden carrexar enfermidades como a silicosis.
A veciñanza preguntou en que fase está o proxecto, e solicitaron poder acceder aos informes de estado cero, sobre ruíos, calidade de augas e aire…
O rexedor asegurou que tralas primeiras conversas coa empresa, Caolines de Vimianzo, só sabe que non se van utilizar voladuras, e que as estradas para entrar e sair da mina serán as pistas forestais que hai no lugar seguindo a estrada cara Fornelos, collendo o enlace da autovía ata Santa Irene e de aí a Vimianzo. Dúas cuestións que, segundo a veciñanza non se recolle no proxecto, que indica que si que se van utilizar voladuras e que a estrada máis usada sería a estrada de Coéns ao Aplazdoiro, ata a conexión do Corredor en Santa Irene.
A veciñanza esixiulle que, como alcalde, tiña que “apoialos e mollarse”, pedínlle que traslade toda a información que teña antes de tomar decisións, ata o pundo de que o alcalde se comprometeu a facer alegacións ao proxecto.
Con todo, a veciñanza botou en falta a presenza do Concelleiro de Obras, que malia ser veciño do lugar de Coéns, non quixo participar.

