luns. 12.01.2026
El tiempo

A veciñanza de Coéns infórmase ante a sombra da mina

Xornada informativa sobre a Mina de Coens
A veciñanza de Coéns infórmase ante a sombra da mina

Acollía o Local Social de Soesto este sábado a primeira asemblea veciñal para avaliar o proxecto da mina de Coéns. Un grupo de veciños e veciñas preocupadas pola reapertura dunha mina de caolín que se pechara en 1982, chamou ao resto da veciñanza para trasladarlle todas as súas inquedanzas e para informar do que se vén enriba.

Houbo unha boa asistencia, con xntes de Traba, Coéns, Fornelos, Gundar, Laxe, Corcoesto… con participación tamén dalgunha entidade medioambiental e mesmo un veciño de Corcoesto que foi partícipe na loita contra a mina de ouro de Corcoesto. Paco contou en primeira persoa como a veciñanza é capaz de parar un proxecto mineiro de grandes intereses económicos.

Ofreceuse ademais información obtida a través de varias persoas especialistas en xeoloxía, técnicas de minas e enxeñeiras agrarias.

Ao remate expuxeron as alegacións que tiñan pensado presentar, engadiron varias propostas pola veciñanza, e xuntaron sinaturas para instar ao concello a manter unha reunión informativa. Ademais, a veciñanza solicita a colaboración e implicación de todos os veciños, asociacións, especialistas e máis dos partidos políticos.

Máis novas

Comentarios