A veciñanza recolle sinaturas contra a mina de Coéns

Este pasado venres, a Plataforma Contra a Mina de Coéns puxo, aproveitando o mercadillo, un posto informativo sobre o proxecto industrial. Recolleron máis de 200 sinaturas tras informar á veciñanza do proxecto de reapertura dunha mina de caolín que leva décadas pechada e convertida nunha lagoa.

Igualmente seguiron recollendo alegacións confirmando que a maioría da veciñanza non apoia un proxecto coma este, que tanto impacto directo ten en numerosas vivendas.

Reunión municipal

Así mesmo, o Concello ofreceu unha nova reunión á Plataforma, que lle trasladará unha marea de preguntas sobre a posición municipal fronte ao proxecto. Lembraranse ao alcalde que na reunión mantida o 22 de febreiro, se comprometeu a presentar alegacións ao Informe de Avaliación Ambiental e que trasladaría toda a información á veciñanza así como que encargaría un informe técnico dos niveis sonoros.

Así mesmo, trasladaranlle estas preguntas: ”Hai constancia no concello de que a empresa mineira ten en regra todos os permiosos previos ao inicio de actividade? Canto cobrou o Concello en licenzas polas catas e obras realizadas na fase de investigación? Canto van ingresar as arcas municipais polas obras e pola actividade industrial? Usarase a estrada que une Coéns e Santa Irene para o traslado do mineral? Está prevista a apertura doutras pistas?”

Máis novas do proxecto