Andrea Fernández Maneiro, gañadora do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Andrea Fernández Maneiro ganadora na Cea das letras 2021
Andrea Fernández Maneiro xunto co alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e Paco de Tano, da promotora A.C. Caldeirón
A Cea das Letras, o singular evento gastronómico-cultural, deu conta do fallo do xurado

Recuperou Malpica a Cea das Letras, un deses eventos singulares da Costa da Morte que están tremendamente arraigados en pequenos grupos culturais. Este, artellado pola Asociación Cultural Caldeión, leva 16 anos descubrindo a gañadora do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, o único certame destas características de toda Galicia.

Este 2021, xurado elixiu por unanimidade a obra "Edénicas", de Andrea Fernández Maneiro. Un dos motivos que alegaron na súa exposición foi “o seu sutil erotismo e a súa luz poética”. A gañadora levou un dos agasalllos da olería de Buño

O acto tamén serviu para presentar o libro “Na república da intimidade”, de Ricardo Seixo. E entre filloa e folloa, as cantareiras de Raigañas e Farrapos amenizaron a velada

Histórico dos Concursos de Poesía Erótica

Máis novas de poesía