Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Cea das Letras, o emotivo punto de encontro da poesía erótica galega

A Cea das Letras, o emotivo punto de encontro da poesía erótica galega

Mario Regueira gana o XIII Certame de Poesia Erotica Illas Sisargas 2018 Mario Regueira gaña o XIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas 2018 Non hai outro en Galicia, e de aí a importancia de manter vivo o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Este ano, Asociación Caldeirón e Concello de Malpica artellaban as 13ª edición que, coma sempre, chegou o seu cumio coa singular Cea das Letras. Unha cita especialmente emotiva, coa obrigada lembranza a unha das grandes almas deste certame, Paco Souto, que serve para presentar os gañador do vixente ano, e de paso para ver a luz da obra gañadora o ano anterior. Finalmente, o xurado (formado por Paco de Tano, Eduardo Estévez, Elvira Riveiro e Antón Noceda como secretario) escolleu o poemario “Marco Livornio”, do ferrolán Mario Regueira, para seguir enriquecendo a colección da editorial Caldeirón, única no seu xénero. Un Regueira que recoñecía que se animou a sumerxirse na poesía erótica gracias ao certame, e que lle permitirá, ademais de recibir 1.000€, ver publicada a súa obra. Paco de Tano, presidente da Asociación Cultural Caldeirón, cualificou a pobra gañadora, coma “un sorprendente percorrido por relacións eróticas diversas e plurais, nun ton épico, case elexíaco”, unha vez que como recoñece o propio autor, “é un libro bastante especial e bastante estraño”, que aborda o erotismo desde unha perspectiva homosexual. Cea das Letras de Malpica 2018 Cea das Letras de Malpica Ademais, a cea serviu para ver publicado libro das gañadoras do ano pasado. Andrea Nunez Brións (Marín, 1984) e María Rosendo (Vigo, 1984), así como todos os presentes na cea, xa teñen nas súas mans os exemplares de “Diáspora de amor balea”, Andrea Nunes e María Rosendo viron publicado o seu libro premiado en 2017 Andrea Nunes e María Rosendo viron publicado o seu libro premiado en 2017 A Cea das Letras deste ano tivo un terceiro ingrediente literario, xa que tamén participou coma convidado Xabier Xil Xardón, que presentou o seu poemario Detéxtonos (Positivas) acompañado por Leo Arremecághona á guitarra. Leo Arremecagona acompanou coa guitarra os poemas de Xabier Xil Leo Arremecaghoná acompañou coa guitarra os poemas de Xabier Xil E como non podía pasar doutro xeito, a cea celebrada na Casa da Cultura de Seaia, tivo o seu toque oleiro (os premios e mais a cubertería son sempre da Olería de Buño) e gastronómico, cun arrecendo a filloas á pedra feitas por Ana Pereiro (Ana de Zas), que fixo unha verdadeira demostración de calidade artesanal. Ana de Zas fixo unhas filloas espectaculares na Cea das Letras de Malpica Ana de Zas fixo unhas filloas espectaculares na Cea das Letras de Malpica

O gañador

Mario Regueira (Ferrol, 1979). Comeza a súa carreira literaria como narrador co libro de relatos Rebelión no inverno (2004) ao que seguen as novelas L’affiche rouge (2007) e Outono aquí (2012), esta última premio Lueiro Rey de novela curta e traducida ao castelán como Las hojas muertas (2013). Como poeta ten publicado Tanxerina (2006, premio Xosemaría Pérez Parallé),Blues da Crecente (2009, premio Xohán Carballeira) e O silencio (2012). Tamén é da súa autoría o ensaio Lois Pereiro, unha persecución (2011). Licenciado en Filoloxía Galega e diplomado en Dereito, en 2016 defende a súa tese de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada sobre a narrativa galega durante a posguerra. Actualmente fai crítica literaria no Sermos Galiza e outros medios e participa do podcast cultural Burán, que se emite en Radio Campus Culturae e Cuac FM. Xabier Xil e Alexandra Fernandez entre outros na Cea das Letras de Malpica Xabier Xil e Alexandra Fernandez entre outros na Cea das Letras de Malpica

13 anos de premios

Co fallo feito público hoxe, a listaxe das obras gañadoras do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas é a seguinte: • “Arredor do teu corpo”, Antonio García Teijeiro • “Baile Átha Cliath”, Alberte Momán • “Xoguetes póstumos”, Enma Pedreira • “Rúa da cancela”, Eli Ríos e Eduardo Estévez • “Amantes”, María Lado • “Carnia Haikai”, Elvira Riveiro • “Chamádeme Eva”, Mercedes Leobalde • “Dominio público”, Ramón Neto • “O episodio”, Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán • “A razón do perverso”, Mário J. Herrero Valeiro • “O home invisíbel”, Xabier Queipo • “Diáspora de amor balea”, Andrea Nunes Brións e María Rosendo • “Marco Livornio”, Mario Regueira

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-letras-eroticas-tamen-homenaxean-a-paco-souto/

Comentarios