As obras da travesía Carballo-Malpica aínda non están rematadas
Onte tiñan que terse rematado as obras da travesía Carballo-Malpica. Pero como denuncia o PP carballés , tivo lugar un "novo incumplimento dos prazos fixados para a certificación das obras". Unhas obras que segundo apuntan comezaban hai máis dun ano e xa tiñan que estar rematadas este pasado mes de marzo de 2010.
Cóntannos que no día de onte as obras continuaban, e aínda esta sen rematar a construcción dos pasos de peóns, o pintado da calzada, a colocación do mobiliario urbano, a retirada de postes e a sinalización vertical.
Afirma o grupo da oposición que no pasado mes de outubro, na comparecencia solicitada polo PP, o concelleiro de urbanismo, presentou un documento remitido pola Xunta de Galicia, onde se lle informaba da necesidade de certificar as obras antes do día 30 de novembro para asegurar que os pagos se ponderan facer contra o orzamento do ano 2010, tendo en conta que o convenio asinado entre ámbalas dúas administracións ten data de vencemento o dia trintaeún de decembro.
Critican que as présas obrigan agora a desenvolver nos últimos días "traballos na capa de rodadura, absolutamente inapropiados dadas as condicións climáticas, que desaconsellan botar o aglomerado en quente, en días chuviosos". Advirten que isto traerá "consecuencias negativas para a calidade da obra".
Novas relacionadas
- O BNG encontrouse co sector pesqueiro en Malpica de Bergantiños .
- O Alcalde de Malpica explicou as novidades sobre Parcelaria aos veciños da Monte d’Arxa.
- En marcha a nova Agrupación de Percebeiros de Barizo.
- Xuntanza Empresarial: Os empresarios da Costa reividican unha atención especial das adminstracións.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Carballo.