Os empresarios da Costa reividican unha atención especial das adminstracións

09:46 29/11/10

Os premiados
Comarcais
O premio da noite, o que outorga a FECOM, foi para a Asociación Integro para a Diversidade funcional nas Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra polo seu traballo a favor da inclusión e da dignidade das persoas con diversidade funcional (discapacidade). Adolfo López Baña fixo un emotivo discurso sobre a necesidade de apostar por esta clase de iniciativas sociais e falou da cantidade de empregos creados e conseguidos pola entidade. Andrés Cerdeiras recolleu o premio o outro premio máis importante da noite, o do recoñecemento da propia FECOM polos 125 anos de Industrias Cerdeimar apostando pola Costa da Morte e por Camariñas. Andrés, ademais de facer un guiño ás administracións para que nos deixen ser "cidadáns de primeira" coa nova autovía, reincidiu en que Industrias Cerdeimar, continuará alo menos unha xeración máis, e xa serán 5, na Costa da Morte. A Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ó físico zaense Jorge Mira, pola súa labor como embaixador da nosa Terra, achegando ós premios Nobel á Costa da Morte. Mira realizou un simpático discurso felicitando a esta entidade transversal e facendo unha valoración do traballo que nos queda en materia turística. Mira contou como un nobel que visitou Galicia lle explicaba que ía visitar as Rías Baixas porque na guía que tiña do país a Costa da Morte ocupaba un parágrafo e as Rías Baixas 50 follas...Locais
A Asociación do Automóbil de Baio premiou á Imprenta San Cristobal pola súa traxectoria empresarial e no deseño da revista do sector do automóbil. O responsable Oscar Lema lembrou dos seus 21 anos en marcha, pero falou en clave de futuro, asegurando que cando o parque do Allo estea listo montarán unha planta con tintes ecolóxicos. Pola súa parte, a Asociación de Empresarios de Camariñas a Talleres Hermanos Vigo Tajes, pola súa antiguedade, pola influencia no Concello. Tajes, ademais de facer unha mención especial a Cerdeimar, que tamén recibiu un galardón importante, fixo unha petición clara de que os parques empresariais estiveran listos canto antes. José Manuel Blanco, de Vinos Guimareu, S.L. recolleu o premio que lle outorgou a Asociación de Empresarios de Cee lembrando a morte do anterior presidente hai case 1 ano en accidente de coche, Javier Periscal. A Asociación de Empresarios de Dumbría a Manolo Senra de Senra Sport, S.L. pola súa traxectoria. Manolo apuntou cifras sobre o seu negocio i é que 3 millons de € facturados ao ano e 16 traballadores dan conta da importancia da súa empresa. O seguinte premio foi o outorgou a Asociación de Empresarios de Fisterra que levou a Galerías Pérez pola súa oferta en diversidade de produtos. Lourdes Pérez foi a única empresaria premiada na cea. A Asociación de Empresarios de Malpica a Eugenio Bastón pola súa traxectoria empresarial coa empresa Forjados El Progreso S.A., ademais da dinamización da cerámica de Buño. En Ponteceso o premio foi para Electrificaciones Mariño. José Mariño recolleu o premio. A Asociación de Empresarios de Santa Comba a Embalajes Xallas, unha empresa de primeiro orde que "fabrica plástico", como nos contou José Manuel Jiménez, e que colabora con outras moitas empresas da zona. A intervención da noite, como dicimos, protagonizouna Ricardo Vidal, de AR Vidal como premiado pola ASEMVI. Ricardo, cunha simpatía espectacular, e que tamén foi piloto de rallies (ata lembrou unha carreira que lle gañou ao mesmo Manolo Senra), contou como o 95% do seu produto véndese no estranxeiro, polo que pediu que a internet chegue de verdade a todas as aldeas.Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).