Buño afía os instrumentos para o II Festival Folk o Quinteiro e as Festas de Santa Filomena
28 de xullo de 2026 (07:47 h.)
Se a XLI Mostra da Olería de Buñose arrinca este xoves, a seguinte semana xa ten axenda tamén na vila oleira.
A familia do Quinteiro prepara unha completa fin de semana para os días 7, 8 e 9 de agosto.. O venres 7 terá lugar a a II Festival Folk o Quinteiro. A partir das 22:00h, o Parque Luciano Alén acollerá os grupos dos Enxebres, os Melidaos e Arrancadeira, todo cunha churrascada popular e taberna.
O sábado e o domingo volve a verbena coas Festas de Santa Filomena.
Ademais, avisan que o día do eclipse, o 12 de agosto, terán o concerto da Máquina de Meter Medo.