Adxudicadas as obras de rehabilitación do parque infantil Luciano García Alén de Buño
07:40 24/07/26
O Concello de Malpica adxudicou as obras de rehabilitación do parque infantil Luciano García Alén, situado en Buño, unha actuación incluída na segunda fase do POS+ Adicional 2/2025 impulsada polo goberno municipal. Os traballos foron adxudicados á empresa Suministro Integral del Agua,
S.L. por un importe de 29.961,00 euros, e permitirán mellorar este espazo de lecer infantil para facelo máis moderno, accesible e seguro para as nenas e nenos.
A rehabilitación do parque infantil Luciano García Alén súmase ás diferentes actuacións que o Concello está a desenvolver en todo o municipio ao abeiro do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (POS+), co obxectivo de seguir mellorando os servizos e equipamentos municipais.