O Concello de Malpica pon á disposición da veciñanza o calendario municipal 2026
30 de decembro de 2025 (08:50 h.)
Desde hoxe, 30 de decembro, está dispoñible o calendario municipal 2026 do Concello de Malpica, elaborado coas fotografías gañadoras do I Concurso Fotográfico “Malpica, Natureza en Olladas”.
As veciñas e veciños interesados poden recoller un exemplar na Casa do Concello ou solicitalo a calquera membro do goberno municipal.
Desde o Concello agradécese a participación de todas as persoas que concorreron nesta primeira edición do concurso fotográfico.