De infraestruturas e notas de prensa
Cantas notas de prensa son necesarias antes da apertura dunha infraestrutura tan evidentemente necesaria como unha escola infantil?
Hoxe recibimos unha nova nota de prensa sobre a construción dunha gardería en Malpica. E xa é a 4ª (e seguro que algunha deixamos marchar) e aínda non hai unha pedra levantada. Iso si, en en novembro a Xunta aseguraban que estará o vindeiro curso en marcha.
Na nota deste 22 de xaneiro de 2014, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar informa da adxudicación a obra de construción. Un proxecto cun importe de adxudicación de 354.175 euros á entidade Atlántica de construcción y medioambiente S.L.
O único que parece novedoso é a ubicación, no Lugar de Cortés, se ben xa sabíamos que vai ter unha capacidade de 41 prazas. E ademais a nota fala do prazo de execución da construción”, se ben deixa a porta aberta cun “8 meses desde a data de comezo dos traballos”. Para estar activa a comezos do curso que vén, como aseguraban en novembro xa terían que ter comezado.
Seguiremos atentos á obra...
Novas relacionadas
- 05-11-2013: A Escola Infantil de Malpica estará o vindeiro curso en marcha.
- 17-06-13: Malpica terá a súa primeira Escola Infantil.
- 28-02-13: Bergantiños aumenta a rede de garderías en Malpica.
- A gardería, un servizo pritoritario ou non.
- Da carencia de prazas de gardería na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Xunta.