O Entroido de Malpica rendiuse á diversión

As Pijas de Malpica e Mordomo levaron o primeiro premio

Ten moitas aristas e citas especiais o Entroido de Malpica, e unha das citas era o desfile que se viviu onte polas rúas da vila. A Praza Anselo Villar Amigo acollía ademais unha carpa para facer a entrega de premios:

As artistas de Malante levaron o Mellor disfrace infantil.

Entre os adultos triunfaron Pijas de Malpica e Mordomo, no primeiro posto (200 euros); Tito de Antaño María Castaña, na segunda posición (120 euros), e pechou o certame Sheriff Bill, co terceiro premio (80 euros). Todos os obsequios son vales para mercar nos establecementos da localidade.

TITO ANTAÑO MARIA CASTAÑA
SHERIFF BILL

 

Novas relacionadas