A Mikaela, que xa ten data, vai ser “espectacular”
Unhas 6.000 persoas xuntábanse en Buño na última Mikaela antes da pandemia. O máis famoso Vía Crucis de bares de toda a Costa da Morte espera poder volver celebrar un auténtico festón. Para iso, a primeira decisión da Asociación organizadora e o Concello é retrasar a festa ata o 2 de abril, unha vez que as datas do entroido, a primeiros de marzo, poderían non darse as circunstancias sanitarias para facer unha festa completamente segura.
”A seguridade é o máis importante para min”, deixa claro o primeiro teniente de alcalde e Concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, que porá a disposición da festa todo o necesario para o seu desenvolvemento. Ademais de instalar un “valado” no recinto da festa, tamén fará a coordinación entre Policía Local, Protección Civil e Garda Civil. “A Asociación da Mikaela conta coa colaboración total do Concello”, confirma despois do primeiro contacto coa entidade.
A Asociación conseguiu perfilar xa un completo programa de actividades para a cita entroideira máis importante para a mocidade de Bergantiños. Por suposto o Bus Disco Móbil amenizará a festa, que comezará xa ás 13:00h coa Sesión vermú no campo da festa.
A saída da Mikaela, como non podía ser doutro xeito, será ás 16:00h dende Canta la Rana. Aí comeza o Via crucis de bares, con paradas na Igrexa de BUño e no Empalme.
Xa contra a noite, a queima realizarase no Campo da Festa coa festa da Orquestra Solara e varios pinchas.
En Bus
Atent@s, que a través de @SomosFesta poderás ir e voltar á Buño en autobús, sen necesidade de coller o coche.
Novas relacionadas
- Cultura, deporte, gastronomía e diversión maridan no Entroio de Malpica.
- Noelia Freijeiro: “Penso que pode haber sinerxia coa Concellería de Turismo, claro”.
Crónicas da Mikaela
- 2020: A Mikaela, a alma do entroido para a mocidade da comarca.
- 2019: A Mikaela, a gran festa da mocidade de Bergantiños.
- 2018: Malpica, núcleo singular dos Enterros do Entroido.
- 2017: Da Mikaela ao Caietano pasando polo Farruco e Faustino para despedir o Entroido.
- 2016: A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte.
- 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.