“Inditex supón unha fiestra aberta ao mundo para a Olería de Buño”

As pezas de Gorín e do Rulo para Inditex

Dous oleiros de Buño veñen de fichar por unha das marcas máis importantes do mundo. Inditex vén de incluír no seu catálogo da súa web de Zarahome varias pezas dunha colección que chama “Buño”, e inclúe varias pezas de dous xogos de baño realizados por dous dos nosos oleiros.

A colaboración xurdiu na Mostra 21, pola pasaron varios varios xefes de Zarahome, e viron varios stands. Parece ser que fixo algo de gracia unha colección de Fran Gorín, co que contactaron directamente. A Antonio Pereira, “O Rulo”, malia que non puido vender naquela mostra por problemas de saúde, xa lle tiñan seguido á pista pola súa colaboración en Loewe.

Asi que comezaron as negociacións, presentáronse varios deseños, e todo se confirmaba o pasado mes de marzo, coa encarga de 800 pezas a Gorín e 4.000 ao Rulo para crear estes xogos de baño da colección “Buño”. Unha colección que xa está á venda en todas as tendas do estado, e na web de Zarahome para todo o mundo, polo que esperan que se agote pronto e toque aumentala produción.

Imaxes da web de Zarahome

”Está claro que é unha fiestra aberta ao mundo”, sinala Gorín. “Desta volta tocounos a nós pero maña pode que lles encarguen a outr@s compañeir@s”, avisa.

Fran Gorín facendo un obradoiro na pasada Mostra
O Rulo na Cocedura tradicional da Mostra de Oleria de Buño 2019

 

Novas relacionadas