Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Gran satisfacción entre os artesáns pola gran expectación e ventas da Mostra de Olería de Buño

Demostracion oleira na mostra de Buno
As demostracións con torno son unhas das protagonistas habituais da Mostra
Gran satisfacción entre os artesáns pola gran expectación e ventas da Mostra de Olería de Buño

Satistacción entre os artesáns unha vez superada a XXXVII edición da Mostra de Olería de Buño. Dende a Asociación de Oleir@s de Buño consideran que foi unha Mostra moi completa, con gran expectación e ventas durante o domingo, pero tamén durante venres e sábado, así como durante a xornada inaugural, algo menos habitual.

Unha Mostra que comezaba coas sorprendentes palabras da Subdelegada de Goberno sobre a posibilidade de convertirse en Festa de Interese Turístico Internacional. Dende a Asociación son algo máis cautos ante esta “bomba” coa que non contaban, e deixan claro que “estamos abertos a todo, pero hai que ir pasiño a pasiño, e afianzar cousas máis importantes como asegurar o relevo xeracional. Non podemos dar zancadas de 3 metros”; sinala o seu presidente Fran Gorín. “Estamos agradecidos, pero esperamos outras colaboracións ou investimentos antes de chegar a ese trámite”.

A plaza de Santa Xusta na Mostra de Oleria de Buno 2021

Se o Parque Luciano Alén segue a ser o epicentro da Mostra, cos postos baixando pola rúa principal, este ano houbo unha nova ubicación singular: a praza de Santa Xusta que estivo moi viva e funcionou moi ben, con demostracións dos oleiros, espectáculos de maxia, ou obradoiros para todas as idades, incluídos os de olería de Batán (de Ourense) ou o de Manuel Figueiras de Muros; e tamén o Espazo Zoquiñas Vermellas. Estes obradoiros serviron para que pequenos e maiores fixeran as zoquiñas tanto a tamaño real como o broche. Unhas zoquiñas que tiveron moita demanda e os broches solidarios coa Asociación Mirabal se agotaron.

Obradoiros de barro na Praza de Santa Xusta
Espazo para obradoiros e practicar na praza de Santa Xusta

Tamén estiveron abertos os famosos fornos. O Forno do Mouróns ou da Costa abriron as súas portas, pero coma sempre, o máis visitado, coas súas exposicións e a reprodución da vivenda tradicional, foi o Forno do Forte.

Este ano ademais houbo outra novidade que ten visos de cuallar nunha nova proposta de futuro. Gracias a Choiva Viños, a Mostra acolleu unha degustación de viños de Tinalla, con catro adegueiros, do Barbanza, da Ribeira Sacra e das Rías Baixas. Funcionou moi ben, a xente gustoulle moito a proposta, e agora a idea é que en dous anos volvan cos viños macerados xa en barricas de Buño. “Ata agora era difícil pensar no viño por mor do tamaño dos fornos que temos os oleiros, pero pode ser un mercado novo para nós”, sinala Gorín. “Estamos facendo probas con “anforiñas ou tinallas pequenas para facer probas e esperamos que funcione”.

Mentres, esperan satisfeitos unha nova edición da súa semana grande.

Un dos postos da MOstra de Oleria de BUno 2021

Novas relacionadas

Comentarios