Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A 38ª Mostra ratifica a marca da Olería de Buño

Mostra de Oleria de Buno 2022
A 38ª Mostra ratifica a marca da Olería de Buño

Alá foi a 38ª edición da Mostra de Olería de Buño. Esta artesanía centenaria que celebra cada ano o seu valor como motor económico dunha vila, e como motor patrimonial de toda unha comarca.

Foron 4 días de postos e actividades diversas, tralos que os protagonistas, os oleir@s, amosan a súa satisfacción. Non tanto polas vendas, senón pola promoción que supón un evento destas caracterísitcas para a súa imaxe de marca en todo o país. É certo que houbo practicamente as mesmas vendas que o ano pasado, pero a realidade é que aínda queda moi lonxe do vivido nos antes da pandemia, cando a feira podería chegar para cubrir un par de meses de traballo. A día de hoxe, a realidade é que a xente mira moito, pero o pensa máis á hora de comprar (o encarecemento da vida fai que todo o mundo coide máis as carteiras) provocando que as vendas de cada taller non dean para cubrir nin un mes.

Mostra Oleria Buno Visitas Ecomuseo
Cristina Collanzo ofrecendo visitas guiadas

Axudou o nordés para sacar xentes das praias e traelas á Mostra, e así o agradeceron as numerosas actividades realizadas ao longo da fin de semana. Demostracións ao torno, contacontos, rutas polo patrimonio oleiro con Cfristina Collazo, presentacións como a co Cancioneiro de Buño, visitas guiadas, o Trofeo futboleiro da Mostra… estiveron ateigadas e tiveron gran acollida.

As Asociacións protagonistas do Báilalle á roda

Arredores na Mostra de Oleria
Arredores na Mostra de Olería

Ademais dos oleir@s, as outras protagonistas foron as Asociacións tradicionais. O día grande, o sábado, foilles dedicado co lema “Báilalle a roda”, lembrando aquela frase que lle dicían os mestres aos aprendices cando necesitaban máis caña nos tornos (“Fálalle á roda”). As Asociación Cultural Raigañas, A.C.D. Carcaxía e A.C. Malanten encheron de música e baile tradicional as rúas oleiras.
Tamén a sesión vermú do domingo estivo amenizada por grupos da zona (non hai que ir a Noruega a busca boa músca), como Os Petadores, Os Atrevidos do Alprende, Grupo Arrancadeira ou Arredores, que protagonizaron un dos momentos máis esperados da mostra coa actuación da cerquedá Icía Varela.

Dende o Concello de Malpica queren agradecer o apoio económico da Diputación de A Coruña para poder facer posible a Mostra máis completa dende a pandemia e sobre todo que a xente se anime a seguir vindo a Buño a mercara olería durante todo o ano.

Mostra Oleria (1) copia
Comitiva institucional visitando ás demostracións dos oleiros

Novas relacionadas

MÁIS NOVAS DA OLERÍA

Comentarios