Maite Rojo completa o desafío do Ultra Trail Camiño dos Faros cunha demostración de afouteza

Maite Rojo entrando en Laxe na sua fazaña do Camiño dos Faros-Fonte- Inés

Así chegaba Maite Rojo no Faro Fisterra esta tarde de xoves 24 de ahosto, despois da súa saída 38 horas e 45 minutos antes dende o porto de Malpica. A malpicá vén de completar o Ultra Trail do Camiño dos Faros, co único obxectivo de visibilizar este tesouro turístico que non acaba de ser homologado polos atrancamentos burocráticos.

A deportista supera os 203km do Camiño dos Faros sen sponsor, sen soporte oficial e só coa axuda dunha pequena lexión de amigos, familiares e incondicionais. Aí estiveron dende o seu irmán Diego Rojo, pasando polos Santi Romay, Quito, Felipe Santos, Dani de Oza, Ángel, Jajo, Daniel, Jean Philippe, Mateo, Joana, Marina, Beti, Jorge, Eloy, entre outros, empurrando ata a meta.

Tirando de emoción, sacou forzas do corazón, para emular as súas xestas no Spartatlón, a Ultr'Ardeche, a ultrafondo de Barcelona, a Sri Chinmoy de Nova Zelandia. Os numeros demostran o seu poderío físico, pois aqueles 7 heroes de 2014 completaran a xesta en 47 horas, 9 máis que Maite…

Incrible a demostración de afouteza desta incrible muller.

Ler a crónica completa en Galicia Confidencial.

 

NOVAS RELACIONADAS