Malpica centra na praia a amplia programación deportiva para este verán
O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña, lanza un amplo programa de actividades deportivas para este verán 2025. A iniciativa, promovida a través de Malpica Deporte, ofrece unha variada oferta para todas as idades, apostando polo ocio saudable ao aire libre nas praias do municipio.
O tradicional Fútbol Praia celebrarase en dúas quendas: do 10 ao 16 de xullo para mozos e mozas a partir de 14 anos (actividade gratuíta, con inscrición ata o 7 de xullo) e do 1 ao 31 de agosto para rapaces de 6 a 14 anos. Neste caso, a cota de participación é de 21,71 euros, e o prazo de inscrición remata o 15 de xullo. As sesións realizaranse en horario de mañá, segundo as mareas. É necesario o compromiso de asistencia ao longo de todo o mes, e calquera excepción debe ser comunicada previamente á coordinadora, no teléfono 690 047 448.
Do 22 ao 24 de xullo terá lugar na praia de Canido o Torneo de Volei Praia, aberto a maiores de 12 anos e tamén de balde. O horario será de 10:30 a 13:00 horas e o prazo de inscrición finaliza o 17 de xullo nas oficinas do Concello.
Para os máis pequenos (de 6 a 14 anos) tamén haberá Xogos na Praia os martes 15, 22, e 29 e os xoves 17, 24 e 31de xullo, na Area Maior. A inscrición é gratuíta e debe realizarse ata as 12:00 horas do día anterior.
Ademais, inclúese no programa o ciclo Actívate na Praia, con clases de ioga e adestramento en circuito para maiores de 16 anos. As sesións desenvolveranse tamén en horario de mañá nas seguintes datas e horarios
- Xullo: martes 15, 22 e 29, de 10:00 a 11:00 h
- Agosto: martes 13, 20 e 27, de 9:00 a 10:00 h
Adestramento en circuíto
- Xoves 17, 24 e 31 de xullo, de 10:00 a 11:00 h
Inscricións
As inscricións poden formalizarse presencialmente ou por WhatsApp (690 047 448), ata as 12:00 horas do día anterior.
As persoas interesadas poden realizar as inscricións nas oficinas xerais do Concello. Podes cubrir aquí o formulario de inscrición.
O equipo móbil do DNI desprazarase a Malpica o vindeiro 10 de xullo
O próximo 10 de xullo estará no municipio o equipo móbil do DNIe da Dirección Xeral da Policía, dependente da Comisaría Provincial da Coruña, para facilitar a expedición e renovación do Documento Nacional de Identidade.
A unidade atenderá nun horario de 9.00 a 12.00 horas, con un cupo máximo de 40 persoas.
As persoas interesadas deberán inscribirse previamente chamando ao Concello, a través dos seguintes números de teléfono: 981 72 03 18, 981 72 03 19 ou 981 72 00 01.