Malpica impulsa a 3ª edición da Escola de Familias
Ademais das que organiza Vieiro en diferentes ANPAS da comarca de Bergantiños, o Concello de Malpica de Bergantiños pon en marcha a terceira edición da Escola de Pais e Nais, unha iniciativa destinada a ofrecer ás familias un espazo de acompañamento e apoio no proceso de crianza. O programa busca promover a creación de apegos seguros, reforzar os vínculos afectivos e atender ás diferentes necesidades que xorden no día a día da educación dos nenos e nenas.
As sesións serán impartidas por unha Doutora en Psicoloxía Clínica e Neuropsicoloxía Clínica, garantindo unha intervención profesional e especializada adaptada ás preocupacións e retos das familias participantes.
A actividade desenvolverase os segundos e cuartos sábados de cada mes, de xaneiro a xuño, ás 11:00 horas, no CAT (Antigo Centro Comarcal) de Buño.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición nas oficinas xerais do Concello a partir do 12 de decembro.