luns. 24.11.2025
El tiempo

Vieiro ofrece a ANPAs e centros de ensino a súa necesaria Escola de Pais e Nais

escola de pais vieiro
Vieiro ofrece a ANPAs e centros de ensino a súa necesaria Escola de Pais e Nais

A Asociación Vieiro dentro da programación de prevención no eido familiar, pon en funcionamento un ano máis a súa necesaria Escola de Pais e Nais. Este ano trátase do programa “Pais e nais no océano educativo”, destinado ás familias que desexen informarse e formarse á hora de desempeñar a súa labor como educadores/as.

Este programa está composto por obradoiros impartidos polas psicólogas e educadoras de Vieiro, Lara Rodríguez e Miriam Romero, que buscarán dar as ferramentas axeitadas para saber navegar no océano educativo e que se distribúen do seguinte xeito:

  • “CARTAS DE NAVEGACIÓN” (Habilidades sociais)
  • “BUSCANDO O NORTE” (Disciplina positiva)
  • “CADA BARCO TEN O SEU TIMÓN” (Normas e límites)
  • “CAPEANDO O TEMPORAL” (Resolución de conflitos)
  • “MAR DE REDES” (Novas tecnoloxías)
  • “MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS” (Coeducación e igualdade de xénero)

Como solicitar

Este programa totalmente gratuíto, poderano solicitar aquelas ANPAS ou centros educativos que o desexen, ademais de os pais e nais a nivel persoal.  

Os obradoiros darán comezo no mes de Novembro. As sesións terán unha periocidade semanal, quincenal ou mensual segundo preferencia dos participantes e a súa duración será de hora e media.

A inscrición pode facerse na Asociación Vieiro, chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a onde pertenzan.

Comentarios