venres. 07.02.2025
El tiempo

As 6 Escolas de Familias que ten Vieiro en marcha

Escola de Familias de Vieiro
O grupo de familias que acode a Vieiro
As 6 Escolas de Familias que ten Vieiro en marcha

Este pasado venres 13, a Asociación Vieiro arrincou unha nova sección da tan necesaria Escola de Familias, no marco do seu programa no eido da prevención familiar. A sede da entidade, acolle cada dous venres unha destas sesións que tratan asuntos tan fundamentais como a comunicación e o afecto,a autoestuma, a xestión das emocións, o fomento da responsabilidade, as normas e os límites, a disciplina positiva, a coeducación, ou a sexualidade e as adiccións.

Esta escola súmase aos xa en funcionamento que teñen lugar nos seguintes días e horarios:

  • Os luns, a Escola de Familias ten lugar no CPI de Zas de 16:00 a 17:30 horas. A periodicidade é quincenal.
  • Os martes celébrase outra escola familiar no CEIP Joaquin Rodriguez Otero de Buño de 16:30 a 18:00 horas.
  • Os martes celébrase outra escola familiar no edificio dos colexios de Ponteceso de 18.30 a 20.00 horas.
  • Os mércores celébrase a Escola de Familias no CEIP Bergantiños de Carballo de 16:00 a 17:15 horas. A súa frecuencia é quincenal.
  • Os mércores celébrase a Escola de Familias na sede de Vieiro situada na rúa Xazmíns, no 2-Baixo de Carballo de 17:30 a 19:00 horas. A súa frecuencia é quincenal.

A duración das escolas será ata o mes de maio. As sesións duran unha hora e media.

As encargadas de impartir estes colexios son Lara Rodríguez de las Heras e Miriam Romero Traba.

Se alguén está interesado en acudir a algún centro educativo, pode apuntarse chamando á Asociación Vieiro no 981756161 ou no Whatsapp 604075815, deixando o seu nome, teléfono e o centro educativo ao que desexa asistir.

Comentarios