Malpica únese nunha campaña para coidar as súas colonias felinas
A Asociación Malpica Felina, en colaboración coa Concellaría de Medioambiente lanzan unha campaña de concienciación para conseguir fondos e alimentos para as sáus colonias felinas. A entidade, comprometida contra o Real Decreto 666/2023, faino ano de varias maneiras: unha campaña de micromecenazgo, unha recollida de alimentos e unha sesión vermú solidaria.
Campaña de micromecenazgo
Polo de pronto xa podedes participar na campaña de Teaming e aportar 1€ ao mes para queesta asociación sen ánimo de lucro poida realizar as labores de captura, esterilización e retorno á colonia que axudan a controlar as poboacións.
Recollida de alimentos para gatos
Ademais, coa Sporting Seaia, impulsa unha nova acción solidaria para axudar aos gatos que viven nas rúas da nosa vila. Trátase dunha gran recollida de alimentos e materiais que terá lugar este domingo 13 de abril, coincidindo cos encontros masculino e feminino do Sporting Seaia no campo de Pedra Queimada.
Durante toda a xornada, habilitarase un punto de recollida onde as persoas asistentes poderán colaborar achegando:
- Comida seca ou húmida para gatos.
- Area hixiénica.
- Aportacións económicas voluntarias, destinadas aos coidados veterinarios e ao mantemento das colonias felinas.
Sesión vermú solidaria
Ademais, xa pensan no sábado 3 de maio, cando a partir das 13:00h realizarán unha Sesión vermú Solidaria para recadar fondos para a propia Asoc. Malpica Felina e tamén para O Legadode Max. A Festa, na Praza Villar Ammigo con varios pinchas da comarca.
“Os nosos gatiños rueiros tamén merecen unha vida digna. Grazas por axudarnos a conseguilo,” sinalan desde a organización.