A nai do falecido no Silvosa, e o supervivinte do naufraxio dos Tonechos, contarán a súa historia na RG
Este xoves 14 de marzo, a partir das 18:00h, o programa “Mar de Ardora” da Radio Galega gravará dúas horas de emisión baixo o título de Náufragos. Un programa moi especial, no que participarán como convidados Ángeles Láuzara, nai de José Ángel Sanjurjo, falecido o pasado mes de decembro no naufraxio do Silvosa, e o patrón e armador do cerco Marcos Alfeirán, da saga dos Tonechos. O seu pai e o seu irmán pereceron naquel naufraxio e anos despois Marcos sobreviviu ao naufraxio do. Nueva Luz, onde perderon a vida dous tripulantes.
No programa dirixido polo muxián Xusto Carril, tamén participarán dous armadores e patróns malpicáns xubilados como José Barizo, "Castelao ' e José O Rubio, mestre náutico de Alfeirán. Ningún deles tiveron percances serios no mar en 50 anos de travesías.<
O eixo común do programa será a reflexión sobre as iniciativas para eliminar os riscos na entrada do Porto de. Malpica, ademais de convertirse nunha homenaxe a este bravo sector da economia dunha vila costeira.
Como anfitrión, a emisión contará coa presenza do chef, Fernando Agrasar, xa que o programa gavarase no Restaurante As Garzas, en Barizo.
Novas relacionadas
- 31-01-19: A oposición ao completo obriga no Parlamento á Xunta a tomar medidas para o porto de Malpica.
- 18-01-19: A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
- Decembro 18: Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte.