Sábado. 05.10.2024
El tiempo

A nai do falecido no Silvosa, e o supervivinte do naufraxio dos Tonechos, contarán a súa historia na RG

Marcos Alfeiran supervivinte do naufraxio dos Tonechos de Malpica
Marcos Alfeirán contará a súa vida ligada aos naufraxios na Radio Galega
A nai do falecido no Silvosa, e o supervivinte do naufraxio dos Tonechos, contarán a súa historia na RG

Este xoves 14 de marzo, a partir das 18:00h, o programa “Mar de Ardora” da Radio Galega gravará dúas horas de emisión baixo o título de Náufragos. Un programa moi especial, no que participarán como convidados Ángeles Láuzara, nai de José Ángel Sanjurjo, falecido o pasado mes de decembro no naufraxio do Silvosa, e o patrón e armador do cerco Marcos Alfeirán, da saga dos Tonechos. O seu pai e o seu irmán pereceron naquel naufraxio e anos despois Marcos sobreviviu ao naufraxio do. Nueva Luz, onde perderon a vida dous tripulantes.

No programa dirixido polo muxián Xusto Carril, tamén participarán dous armadores e patróns malpicáns xubilados como José Barizo, "Castelao ' e José O Rubio, mestre náutico de Alfeirán. Ningún deles tiveron percances serios no mar en 50 anos de travesías.<

O eixo común do programa será a reflexión sobre as iniciativas para eliminar os riscos na entrada do Porto de. Malpica, ademais de convertirse nunha homenaxe a este bravo sector da economia dunha vila costeira.

Como anfitrión, a emisión contará coa presenza do chef, Fernando Agrasar, xa que o programa gavarase no Restaurante As Garzas, en Barizo.

Mar de Ardora da RG en Malpica copia

Novas relacionadas

Comentarios