As obras de humanización da entrada de Malpica durarán 4 meses

Onte tivo lugar unha visita institucional ás obras de humanizacion da entrada de Malpica

Presentadas o pasado mes de febreiro, as obras de humanización da entrada de Malpica comezaron estas pasadas semanas. As obras ían empezar en verán, pero se retrasaron, asegurando a Xunta en abril que estarían rematadas antes de que finalizase 2019. Pero ca chegada do novo goberno, solicitáronse certas melloras, e de aí o retraso de varios meses, que manterán as obras en marcha case que ata o mes de marzo.

O proxecto recolle a reordenación e humanización da sección transversal da estrada AC-418 nos seus últimos 300 metros, no treito urbano. A obra tamén inclúe a renovación das redes de saneamento e pluviais e a humanización da área mediante a disposición de árbores e mobiliario urbano.

As actuacións que está levando a cabo Construcciones López Cao S.L., teñen un investimento de case 444.000 euros.


​Así quedará

Novas relacionadas