Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As obras de humanización da entrada de Malpica retrásanse ata setembro e estarán listas antes de final de ano

Asi quedara a entrada de Malpica tralas obras de humanizacion
Así quedará a entrada de Malpica tralas obras de humanización
As obras de humanización da entrada de Malpica retrásanse ata setembro e estarán listas antes de final de ano
As obras de humanización da entrada de Malpica retrásanse ata setembro e estarán listas antes de final de ano

Parecía evidente que realizar as importantes obras de humanización da entrada ao centro de Malpica durante o verán ía convertirse nun verdadeiro quebracabezas. De aí que a Xunta, a petición do Concello, retrase o comezo das mesmas ao mes de setembro.

As obras están adxudicadas á empresa Construcciones López Cao S.L., por un orzamento de 440.000€, e cun prazo de execución duns catro meses, polo que se espera que estean listas case para o Nadal.

Como se pode ver no vídeo, estreitarase aproximadamente 0,5 metros a calzada para destinar ese espazo ás beirarrúas. Ademais acometeranse melloras de firme e executaranse novas beirarrúas, que se pavimentarán con lousa de granito. O proxecto tamén inclúe a renovación das redes de saneamento e pluviais, así como a humanización da área mediante a disposición de árbores e mobiliario urbano.

Novas relacionadas

Comentarios