Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica presentou as importantes obras de humanización da súa entrada, que comezarán en verán

Presentacion en Malpica das obras de humanizacion da entrada da vila
Presentación en Malpica das obras de humanización da entrada da vila
Malpica presentou as importantes obras de humanización da súa entrada, que comezarán en verán

Este verán darán comezo as obras da reordenación e humanización da vía autonómica AC-418 ao seu paso polo centro urbano de Malpica. Unhas obras importantes, que cambiarán a fisionomía da entrada, acorde coa presentación oficial realizada onte, e que deberían estar rematadas antes que remate o 2019.

O alcalde Eduardo Parga e o Concelleiro de Obras Miguel Fernández recibían á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e ao Delegado da Xunta Ovidio Romero, nunha xuntanza aberta á veciñanza, para explicarlles o novo proxecto e como van afectar as obras ao día a día, sobre todo durante o verán.
Nese sentido, Vázquez indicou, que a programación dos traballos estará completamente coordinada co concello para reducir, na medida do posible, as molestias que poidan ocasionar aos veciños e condutores.

Unhas obras nos últimos 300 metros de entrada na vila, nas rúas Emilio González, Villar Amigo e Eduardo Vila Fano, que implican un investimento de máis de medio millón de euros.

Unha intervención que busca facer cidade nunha vía que na actualidade conta con dous carrís de circulación e beiravías cun ancho reducido, para adaptala á realidade actual desta vía principal do concello moi transitada.

As obras reducen a calzada pensando nos peóns (novas beirarrúas máis anchas con arborado e balizas luminosas e pasos de peóns diferenciados), e obrigando aos vehículos a ir con máis precaución.

Ademais, renovaranse as redes de saneamento e pluviais, e cambiarase o peralte do viario para evitar charcos ao longo da rúa.

Comentarios