Pachecho retrata Malpica de finais do século XIX no Museo do Mar de Vigo

Esta fermosa imaxe de Malpica, que por certo, non se sabe a data exacta, é das 85 fotografías inéditas pertencentes ao Arquivo Pacheco que dende onte se expoñen no Museo do Mar de Vigo. Xa puidemos disfrutar das Crebas do Mar do Rostro, da Lira e do Corme negro de chapapote, e mais da Malpica máis auténtica.

Hoxe voltamos á vila mariñeira bergantiñá da man do Arquivo Pacheco, que no seu repaso en imaxes a evolución histórica do Vigo de finais do século XIX e principios do XX, recolle paisaxes do litoral galego. Entre elas, Malpica, con esta imaxe onde as embarcacións chegaban ao centro da vila.

Unha mostra polo litoral galego

A mostra chámase "Cartas de punto maior. A costa Galega no Arquivo Pacheco", e poderá visitarse dende hoxe, 24 de xuño, ata o 9 de outubro. Trátase dunha recompilación dun total de 85 imaxes realizadas entre os anos 1985 e 1960 nas que se amosa a cara máis descoñecida de Jaime de Sousa Guedes, Pacheco: a artística. Unha faceta que o descobre como fotógrafo clásico, alonxándoo do fotoxornalismo e dos seus retratos de corte documental.

A mostra, que ten como fondo temático a cultura costeira galega, se divide en dúas partes. A primeira, concéntrase na cidade de Vigo e propón un percorrido por lugares emblématicos como o Berbés ou o barrio de Bouzas. Invita ao visitante da mostra a un retorno ao pasado da cidade, amosando a súa evolución a través das imaxes da súa industria, as súas praias, o deporte e o tempo de lecer, tendo sempre ao mar como nexo común e telón de fondo.

A segunda parte da exposición transcorre entre Malpica e A Garda, presentando fotografías paisaxísticas de diversos pobos costeiros de Galicia.

A exposición permite tamén contemplar algunhas das xoias do arquivo, concretamente dúas fotografías realizadas por Filippo Prosperi que datan de finais do século XIX e son das máis antigas da colección.

Novas relacionadas

Fonte