![museo-mar-schneider-malpica]()
Está de moda a Costa da Morte. A súa virxinidade, a súa natureza, a súa indiosincrasia, xa crearon unha
imaxe de marca moi cotizada en toda Galicia (pouco a pouco iremos invandindo a península). Unha moda que chega ata o mundo da arte.
I é que o
Museo do Mar de Vigo vai abrir este sábado 13 de novembro, un ciclo de exposicións cun denominador común: A Costa da Morte (vemos unha foto de
Malpica).
Detrás do Ciclo podemos atopar a iniciativa de
Manuel Sendón, recoñecido fotógrafo de Sardiñeiro, que ademais de traer artistas de todo o mundo á Costa, leva o nome da bisbarra por todo o país e por todo o planeta.
Inaguración Escura
![museo-mar-schneider-liraIII]()
A inaguración será o mesmo sábado ás 20.00h, e será a mostra do fotógrafo alemán Peter Schneider,
"Tempo Escuro" a que abra o ciclo.
En
Tempo Escuro, o fotógrafo alemán Peter Schneider afincado en Galicia, amosa a súa
particular visión en clave artística dos días posteriores ó afundimento do petrolero Prestige nesta área tan singular e mítica da costa galega. A mostra, que permanecerá aberta na sala de exposicións temporais ata o vindeiro 27 de febreiro, está composta por máis de sesenta imaxes en branco e negro tomadas na liña de costa entre a praia de Razo, Lariño (aquí enriba) ou Corme (aquí embaixo).
Tempo Escuro garda tamén outro curioso atractivo para o público:
a exhibición da única peza que se conserva do Prestige. Trátase da tapa da bita de proa do petroleiro, recuperada polo submarino Nautile, e que cedeu pola presión da profundidade, orixinando os primeiros escapes de cru.
Por último, a exposición completarase coa valorización da o
bra Al Paso, do escultor Francisco Leiro.
O Proxecto Costa da Morte a Vigo
O ciclo terá continuidade no mes de xaneiro de 2011 coas propostas dos fotógrafos
Fran Herbello, Graciela Sacco e Luis González de Palma. Estas propostas foron as que protagonizaron o
Proxecto Costa da Morte, que tanto éxito tiveron no Faro fisterrán.
Fran Herbello abordará de novo os naufraxios e a dor que produce a ausencia dos mariñeiros nos seus seres queridos, coa
novedosa exposición que homenaxea aos náufragos do Bonito (aquí embaxio); a arxentina Graciela Sacco tratará a inmigración na Costa da Morte; e dooguatemalteco Luis González de Palma, presentará un proxecto consistente no traslado de maquetas de barcos dende o
Museo do Mar de Vigo de Fisterra ata as casas dos propios mariñeiros, onde son fotografados.
Novas relacionadas
Fonte