Por un litoral adaptado na Selaguía de Malpica

Malpica segue agardando pola piscina, unha desas grandes infraestruturas aínda mortas, entre as que tamén podemos atopar a Casa da Cultura.

Pero hai outros proxectos ben interesantes no concello malpicán que parece que non acaban de arrincar, como o Proxecto de Parque Litoral Marítimo-Terrestre (non integral) "Selaguía". Xa está presentada no GDR Bergantiños, así como no I Convocatoria Big Idea Project, que organiza Inditex. O seu maior baluarte é o veciño Adrián Abella Chouciño, un peso pesado do Concello malpicán, que tratará de levalo adiante por onde faga falta.

Ben fermosa é a proposta: Serían 2 km dun camiño xa existente na beira do mar que habería que adaptar ao acceso rodado, para o disfrute de cadeiras de rodas, bicicletas... Ademais incluiría mapas, croquis, paneis, indicadores,...(adaptados en formas, tamaños, linguaxe Braille...) que axuden a interpretar a riqueza biolóxica, etnográfica, xeolóxica... da banda oeste do Cabo San Adrián. Mensaxes sonoras e escritas ós teléfonos móbiles para persoas cegas e sordomudas. Calquera persoa poderá acercarse a este litoral case virxe a pescar, pasear, facer deporte...

Abella pensa na Accesibilidade Globalizada, e por iso pensou en abrir este anaco da natureza litoral e case virxen da terra de Selaguia ós diminuídos físicos, síquicos ou sensoriais para o disfrute seguro e libre de paseos, paisaxes, pesca deportiva. O tradicional porto da Tella, na banda oeste do Cabo San Adrián, sería o protagonista.

O litoral norte da Costa da Morte é "A Selaguia"

O propio Abella, no seu site de google Selaguía prantexa a posibilidade de estirar o litoral adaptado a toda a Selaguía, esa franxa que abrangue o litoral dos Concellos de Malpica e Ponteceso.
"Polo leste, un litoral de cantís mirando ó Norte. Polo Oeste, a Ría de Corme e Laxe co manso Esteiro do Anllóns. No centro, no corazón da Selaguia, O Mar das Enseadas (A Barda, Niñóns, Barizo, Ceiruga e Beo), entre as Illas Sisargas e o Cabo Roncudo".

Unha rúa por un Brigadier

A proposta que si foi adiante, que partía tamén do propio Abella, foi a consecución dunha rúa-homenaxe ao Brigadier Manuel Varela Limia, outro dos "personaxes malpicáns olvidados", como nos conta o propio Abella.
A gran cita tivo lugar o pasado 10 de decembro cando tiveron lugar os actos da homenaxe na súa nova rúa, a Antiga 1º Travesía Ramona Criado). Unha parada militar e a actuación do Grupo de Música do Cuartel General de la Fuerza Logística Operativa foron as actividades máis destacadas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).