Un paseo pola virxinidade do noso litoral


Cantas historias poderíamos contar arredor dos visitantes que chegan ata a nosa bisbarra. Ademais daqueles que chegan ata a nosa fin do mundo a través do Camiño, outros moitos escollen o noso hiptónico litoral, que diría Manuel Gago, para coñecer os nosos Recunchos. Hai pouco coñeciamos unha ruta galitaliana dende Malpica ata Corcubión, e hoxe, á espera de coñecer o resultado da denominada Ruta Costa da Morte, viaxamos de Muros a Fisterra con Hermes y Mercurio.
Este blog de viaxeiros, coordinado por Xavier Pondal, vén de facer unha ruta pola nosa costa. Un "abc" da ruta da AC-550, pasando por marabillas como as praias de Muros e Carnota, o Monte Pindo, o Mirador e a Fervenza do Ézaro ou o propio Faro de Fisterra.
Un novo exemplo do potencial da nosa bisbarra, esa virxinidade que tanto gusta polo mundo adiante e que debe ser o tesouro que mellor saibamos conservar.
Máis información
Novas relacionadas
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- Sentindo o Camiño.
- Unha ruta “galitaniana” por todo o litoral da Costa da Morte.
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).