Os profesionais do Astroturismo organzan unha xornada formativa aberta sobre o eclipse

A Asociación de Astroturismo da Costa da Morte e o Concello de Malpica de Bergantiños, patrocinador da xornada, convidan a asistir e divulgar á Xornada Formativa "O ECLIPSE TOTAL. UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA: QUE É E COMO GOZALO", que se celebrará o venres 10 de abril ás 18:00 horas no Centro Cívico de Malpica de Bergantiños.

Unha formación sobre o ECLIPSE impartida por Óscar Blanco Varela. Gran coñecido no mundo da astronomía, pois é o Director do Centro Astronómico de Trevinca, Presidente da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, Astrofotógrafo, Monitor Starlight, Divulgador Astronómico, Cazador de Eclipses,... 
En definitiva, un gran divulgador astronómico con máis de 25 anos de experiencia na maleta.

Inscrición

Un curso de formación gratuíto ao que tan só hai que inscribirse a través de calquera dos seguintes medios:

Máis novas