xoves. 31.07.2025
El tiempo

Costa da Morte

“O ceo que nos une”

A pasada semana deuse presentación á nova Asociación de Astroturismo da Costa da Morte. A Casa da Cultura de Vimianzo acollía a presentación desta nova entidade formada principalmente por técnicas que saen do primeiro curso formativo para ser monitoras Starlight.

Participaron na presentación a vocal Virginia Barros (de Mar de Fábula), a secretaria Silvia Bouzas (do Hotel Playa de Laxe), a presidenta Yolanda Díaz Castaño (do Xastre de Anos), a vicepresidenta Nieves Lema (técnica de Cultura de Vimianzo), e os covais Ada González (técnica de turismo de Dumbría) ou Andrés García (nome oficial do fotógrafo Drew Corme), ademais do coordinador da Área de Formación, Educación e Divulgación da Fundación Starlight, Juan Vicente Ledesma.

Podedes ver a hora completa da presentación, onde se falou moito do “ceo que nos une”, como resaltou Nieves Lema.

Máis novas

https://www.youtube.com/watch?v=pHCMr0tWGlo
“O ceo que nos une”