O Quinteiro de Buño celebra as Letras Galegas cunha tarde moi especial este sábado no Ecomuseo
19 de maio de 2025 (10:15 h.)
Por Buño tamén quere celebrar esta edición tan especial das Letras Galegas, nas que unhas veciñas son protagonistas máximas. Por iso, a xente do Quinteiro de Buño preparan unha tarde moi especial no Ecomuseo Forno do Forte.
Para non colapsar esta fin de semana, a Asoc. convoca unha tarde de música e contos o sábado 24 de maio, ás 18:00h, formulado para todos os públicos.
Actuará primeiro Sonsoles Penadique co seu espectáculo "O Chintófano de Dorothé", e as súas músicas para crianzas atesouradas pola etnomusicóloga Dorothé Schubarth. Espectáculo para nenos).
De seguido será María da Pontragha a que traia os seus contacontos, para todas as idades, en "Coa palabra na boca".
Haberá servizo de bar e unha mesa para a renovación das cotas sociais.