luns. 19.05.2025
El tiempo

O Quinteiro de Buño celebra as Letras Galegas cunha tarde moi especial este sábado no Ecomuseo

maria-da-pontragha-1-604x270
María da Pontragha
O Quinteiro de Buño celebra as Letras Galegas cunha tarde moi especial este sábado no Ecomuseo

Por Buño tamén quere celebrar esta edición tan especial das Letras Galegas, nas que unhas veciñas son protagonistas máximas. Por iso, a xente do Quinteiro de Buño preparan unha tarde moi especial no Ecomuseo Forno do Forte. 

Para non colapsar esta fin de semana, a Asoc. convoca unha tarde de música e contos o sábado 24 de maio, ás 18:00h, formulado para todos os públicos. 

Actuará primeiro Sonsoles Penadique co seu espectáculo "O Chintófano de Dorothé", e as súas músicas para crianzas atesouradas pola etnomusicóloga Dorothé Schubarth. Espectáculo para nenos).

De seguido será María da Pontragha a que traia os seus contacontos, para todas as idades, en "Coa palabra na boca".

Haberá servizo de bar e unha mesa para a renovación das cotas sociais.

Máis novas

Comentarios