O Quinteiro trae a Buño a problemática de Altri en forma de documental

A instalación dunha macrocelulosa na Ulloa está xerando unha tremenda controversia en todo o país. Tamén na Costa, como se demostra do interese da Asociación O Quinteiro de traer a Buño un documental sobre a problemática.

Feito polos compañeiros da cooperativa de creación de contidos xornalísticos Xarda e O Salto Diario, “Altri, A sede insostible” analiza o impacto desta industria así como a defensa da vecñanza do seu territorio.

A cita será o sábado 27 de xullo ás 20:00h no Ecomuseo do Forno do Forte, e contará coa visita dos autores do documental, Elena Martín e Pablo Santiago, e de membros da Plataforma Veciñal da Ulloa.

 

Máis novas