Cru e directo o documento audiovisual que vén de realizar a cooperativa xornalística Xarda arredor da situación da Sanidade pública. Xentes da comarca como a médica de Baio, Alicia Barreiro Cambeiro; a activista mazaricá Mayka Cacheiro; a fisterrá Vanessa Viquendi, voceira da Plataforma Pediatras e Matronas Xa; ou Xosé María Dios Diz, médico de Outes, explican o progresivo desmantelamento da atención primaria.
Os protagonistas focalizan as críticas en puntos como a falta de recursos humanos; o non cubrir baixas en servizos como a pediatría; o excesivo aumento das consultas telefónicas; e o precario sistema de transporte público. Unha falta de servizos que provocan o despoboamento do noso rural.
Reportaxes relacionados
- DirectosQPC sobre o SERGAS: As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
Artigos de Alicia Barreiro en QPC
Novas relacionadas
- Decembro 2020: Denuncian que o Centro de Saúde de Carballo traballa con 5 enfermeir@s menos en plena pandemia.
- Novembro 2020: Reiteran a necesidade de cubrir a baixa da pediatra de Fisterra.
- Outubro 2020: Familias da Costa da Morte lideran unha Plataforma para esixir pediratras e matronas en todo o rural galego.
- Outubro 2020: Carnota mobilízase para recuperar o seu servizo de pediatría.
- Setembro 2020: As profesionais do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo describen a súa precaria situación.
- Febreiro 2020: Manifestación comarcal en Cee contra os recortes en pediatría: “Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”.