Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mazaricos

Xarda analiza, dende Mazaricos, a problemática do transporte escolar no ensino do rural

Despois da crúa reportaxe sobre o precario estado da sanidade galega, cun enfoque moi costeiro, a cooperativa Xarda volve pola comarca para analizar o estado de saúde do ensino no noso país. Na súa serie #LugarDe, os xornalistas de Xarda viaxan ao Courel, a Luaña, pero tamén a Mazaricos, para falar coa mestra e parte da Federación Provincial de ANPAS Coruña-Costa da Morte, Mayca Cambeiro.

O proceso de transformación do transporte escolar é unha das problemáticas presentes. E se ben o transporte escolar para as escolas si é funcional, Cambeiro pon fincapé no transporte para o ensino non obrigatorio, xa que non existe liña de bus, o que obriga á rapazada a ter unha xornada de 9 horas, tendo que viaxar aos institutos de Cee, Noia ou Santa Comba.

Cambeiro lamenta a “fenda dixital” existente, pero louba o carácter de compañeirismo e cooperativismo da aprendizaxe do rural.

En todo caso, ”A un alumno de Mazaricos é moito máis difícil estudar que para un rapaz de Santiago”, conclúe Cambeiro.

Novas relacionadas

Outras novas sobre #Recortes no ensino e en sanidade

Xarda analiza, dende Mazaricos, a problemática do transporte escolar no ensino do rural