A ribeirana dos Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda, un baile de marca

Imaxe do making off da campaña de publicidade

Os Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda sairán de desfile o vindeiro domino 9 de marzo, o domingo de Piñata, no marco do programa de Entroido de Malpica. Un valioso patrimonio cultural inmaterial, conservado e transmitido de xeración en xeración gracias á veciñnza da parroquia e á Asociación Cultural Raigañas.

Pero este ano xa están dende hai semanas polas rúas de toda a provincia da Coruña, gracias aos valados da marca Aceites Abril. A empresa ourensá aproveitou esta festa para dar visibilidade aos diferentes Entroidos de Galicia e, entre eles, aos tradicionais madamitos e madamitas de Cerqueda, como un dos imprescindibles da provincia da Coruña, á altura de míticos símbolos como os merdeiros de Vigo, o boteiro de Viana do Bolo, o follateiro de Lobios ou o charrelo e boi da Veiga.

Os Madamitos nun valado en Betanzos

Os protagonistas da campaña non son outros que Icía Varela e Fernando, que ademais demostraron no "shooting" das fotos, a súa arte coa ribeirana, un baile moi antigo diferente á muiñeira máis tradicional.
A ribeirana diferénciase da muiñeira máis tradicional pola súa estrutura e figuras. Adoitaba bailarse en 2 ou 3 parellas, onde os papeis de cada unha delas eran moi diferentes. O baile ía acompañado do son da pandeireta, tocada co puño, e onde os tambores tocaban ao tempo con cada golpe.

Madamitos e Ghuadineros no Entroido de Cerqueda 2022

Os madamitos e as madamitas (cuxo nome ten a súa orixe na palabra francesa “madame”, empregada co significado de dama de determinada clase social) saen o sábado de Entroido ou o domingo de piñata. As mulleres e homes solteiros vestíanse con roupa branca e percorrían as aldeas, mentres que as mulleres tocadoras máis maiores da zona saían das súas casas e tocaban as pandeiretas mentres homes e mulleres bailaban.

A Ribeirana, cuxo uso se estende polo noroeste da costa galega e especialmente na Costa da Morte, tamén recibe o nome de Muiñeira Vella ou Cuatro Puntas.

Antes do Entroido, daban voltas polas casas e buscaban roupa branca de mariñeiro, acompañándoos cun mantón de caxemira medio cruzado ademais dunha banda azul tamén cruzada sobre o peito e un sombreiro con cintas de cores. E pola súa banda, levaban calzado branco, medias, enaguas e camisa; un tocado con flores e cintas de cores, xunto con xoias. Tanto homes como mulleres tiñan a cara pintada de branco con rubor como símbolo da mocidade.

Imaxe do Entroido de Cerqueda 2018- Foto: Xacobe Nieto

Máis novas dos Madamitos