13 Asociacións e o Concello lanzan un Entroido cheo de tradición en Malpica

O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración con ANPA Ventorrillo, ANPA Xaviña, AC Raigañas, AC Malante, ACD Mallas de Area, Redeiras Mar da Illa, Asociación de Amijos da Mikaela, ACD Carcaxía, AVCS O Brizo, AC Campal, AVSC O Quinteiro, CEIP Milladoiro e CEIP Joaquín Rodríguez Otero, ten todo listo para celebrar o Entroido 2025, unha festa que transformará as rúas da vila e as súas parroquias nun escenario de cor, alegría e tradición. Durante máis de dúas semanas, do 22 de febreiro ao 9 de marzo, Malpica vibrará con pasarrúas, comparsas, concursos de disfraces e grandes festas de Entroido
Programa
Sábado 22 de febreiro
En Buño
III Cocido Campal, con premio aos mellores disfraces, no restaurante Canta La Rana, en Buño coa actuación do DJ TXIÑO ROCK E DJ ANTHONY, a partir das 14.30. Prezo: adultos 35,00 €, infantil 18,00 €, bus, 6,00 €. Información e reservas: 658 118 871 e 679 290 135 Organiza: AC Campal
Venres día 28 de febreiro (Venres de Entroido)
En Malpica
Pasarrúas de Entroido do CEIP MILLADOIRO, a partir das 10.45. Percorrido: saída do CEIP Milladoiro, rúa Canido, paseo da Praia, queima fronte ao JB, paseo Marítimo, rúa Eduardo Pondal, rúa Ramona Criado, praza do Cruceiro, rúa Eduardo Vila Fano e praza Anselmo Villar Amigo. Organiza CEIP Milladoiro
Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, a partir das 11.00, saída do CEIP J.R.O., rúa Xaviña, rúa Santa Filomena, rúa Santa Catalina ata a igrexa e regreso polo mesmo percorrido. Organiza CEIP Joaquín Rodríguez Otero
Sábado día 1 de marzo (sábado de Entroido)
En Cerqueda
Festa de Disfraces Infantil, das 11.00 ás 13.30, no Centro Sociocultural das Pozacas. Haberá 3 premios aos mellores disfraces. Organiza: AC Raigañas
En Malpica, “Na Calle”
Ás 13.00, Charanga Santa Compaña
Ás 15.00, Cocido de Entroido
Ás 16.00 premios aos mellores disfraces
Ás 16.30 tardeo coa DISCOMÓBIL ECB
Ás 19.30 DISCOMÓBIL ECB polas rúas da vila
Venta de tickets en VANESA D´CARABEL (Ata o xoves 27 de febreiro ás 20.00). Menú adultos: 35,00 €. Menú infantil: 15,00 €
Haberá Carpa
Organizan: ACD Mallas de Area e o Concello de Malpica de Bergantiños
Domingo día 2 de marzo (Domingo de Entroido)
En Malpica
Actuación da Charanga Santa Compaña polas rúas da vila, a partir das 17.00
Desfile de disfraces infantil, percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico de Malpica ás 17.00 e rematando na rúa Eduardo Vila Fano. Organiza: AC Malante
Encontro de comparsas e disfraces de Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30. Premios para as mellores comparsas. Entrega de premios, a partir das 19.00, na rúa Eduardo Vila Fano
Concurso de piñatas do Entroido, na rúa Eduardo Vila Fano, a partir das 17.30. Entrega de premios ás 19.00. Colaboran: AC Malante, AVSC O Quinteiro e ACD Carcaxía.
Luns 3 de marzo (Luns de Entroido)
En Buño
Festa de disfraces infantil, con concurso, inchables e merenda das, 17.00 ás 19.30, no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA Xaviña do CEIP Joaquín Rodríguez Otero
Luns 3, martes 4 e mércores 5, de marzo
En Seaia
Xornadas de Entroido 2025 (rapazada de 4 a 12 anos), na Casa da Cultura de Seaia, de 9.00 a 14.00. Información e inscricións no 611 747 756 (só por whasap). Organiza: ACD Carcaxía
Martes 4 de marzo (Martes de Entroido)
En Malpica
Festa de disfraces infantil con inchables (rapazada ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00. Colabora: ANPA Ventorrillo.
Mércores 5 de marzo (Mércores de Cinza)
En Buño
Cine de Entroido (Familiar, todos os públicos). Proxección do filme Trolls 2, no Eco Museo do Forno do Forte, ás 16.30. Colabora: A VSC O Quinteiro
Sábado 8 de marzo (Sábado de Piñata)
En Buño
A MIKAELA
13.00 Vermú sen fin con Sara Pose
16.00 Saída Party Bus “Canta La Rana” con DJ Charlie e DJ Roy
Paradas:
- 16.30 a 18.00 á altura do Campo de fútbol
- 18.00 a 18.45 no Cruce de Xornes: Macro Disco Chocolate con Jossi
- 18.45 a 20.30 na Plazoleta (Praza de Santa Xusta)
- 20.30 na Igrexa de Buño: Macro Disco Euphoria con Drewkorme e Misa Cantada por Lito da Panorama e o Padre Roy
- 21.30 Queima
- 22.00 Party toda a noite con 2 escenarios (na Camposa) con Main Room: Kiko Rivera – Dany BPM – Carlos Pintor-DJ Charlie e DJ Roy “Set Italian Style” e Zona Techno: Dani Villa – DrewKorme – Jossi - Castri
Domingo 9 de marzo (Domingo de Piñata)
En Cerqueda
Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia de Cerqueda, das 11.30 ata ás 14.30, rematando cun cocido para os participantes (previa encarga) e o concurso “Mellor Postre de Entroido”. Organiza: AC Raigañas
En Malpica
Actuación da Charanga Santa Compaña polas rúas de Malpica, a partir das 17.30
Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 para percorrer, as rúas da vila ata o porto Organiza: Redeiras Mar da Illa
En Vilanova
Festa de disfraces infantil e degustación de doces do Entroido, a partir das 16.30, na Escola de Pontella. Colabora: AVCS O Brizo
Máis novas