As Asociacións manteñen viva a tradición do Malpica
É, sen dúbida, o de Malpica un dos entroidos máis auténticos de toda a Comarca. Gracias á implicación das asociacións culturais, o legado dos Enterros segue perfectamente vivo como se demostrou esta pasada fin de semana.
Mentres esperan pola Mikaela, e trala primeira traca da pasada fin de semana, as parroquias de Cerqueda, Seaia e a propia Malpica saíron á rúa para celebrar os seus enterros.
En Cerqueda os Madamitos e Ghuadineros voltaron ás rúas, sempre en clave tradicional, cos pasarrúas e bailes da música galega de sempre.
Por Seaia enterreron ao Farruco, un dos simpáticos persoeiros do entroido malpicán. Feito semellante, e aínda con máis xente, fixeron co Faustino na capitapl municipal, cunha comitica fúnebre terriblemente divertida. Fartaron a chorar e rir para respedir estes persoeiros e manter viva así unha tradición fermosa.