Un regalo da olería de Buño para o mesmo Príncipe de Asturias

Non é que a Casa Real estea no mellor momento de imaxe da súa historia, pero sempre é unha nova importante que unha bisbarra esquecida como esta chegue ata o Palacio Real.

Pois ben, o concelleiro de Turismo de Malpica será recibidoo martes polo Príncipe de Asturias. O encontro celebrarase trala clausura de Exceltur, na antesala da Feira Internacional de Turismo (Fitur), a cargo de Felipe de Borbón, e aí será cando Alfredo Cañizo o invite a realizar unha visita oficial ao municipio.

O concelleiro de Turismo entregará ao Príncipe de Asturias unha peza moi exclusiva de alfarería de Buño, unha jofaina do século XVIII recuperada no Ecomuseo do Forno do Forte, e unha colección de fotografías do municipio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Malpica.