Nova presencia disgregada da Costa da Morte na FITUR


O vindeiro mércores 22 de xaneiro arrincará unha nova edición da Fitur, a Feira de Turismo máis importante do ano en España. E alí estará, coma sempre, a Costa da Morte. Iso si, farao, coma sempre (ollade os títulos das "Novas relacionadas" na parte baixa), por parroquias, i é que o de dar imaxe de unidade non vai co noso sector, a pesar da recente creación do novo ente creado a modo de Consorcio.
Deste xeito, e co devandito CMAT (Costa da Morte Asociación Turística) aínda en proceso de formación (ata abril non estará operativa), e a pesar das intencións da Xunta de agrupar toda a oferta galega no stand de Turgalicia para amosar unidade, na Costa imos ao noso, tendo ata 3 focos diferentes.
Por un lado estará a Neria con 6 concellos da zona. Por outro estará Cee e Fisterra que viaxan co stand de Turgalicia, e polo outro irán Carnota e Muros.
Neria + 6
Neria coordinará un stand de 40m2 con 6 concellos da zona (Camariñas, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía e Zas). "Este ano como é distinto, este ano organizan os Concellos co cual Neria participa como un Concello máis, facendo de coordinadores, explícounos o presidente da entidade, quen comenta que "Cee baixouse do camión".
A proposta, que este ano non ten unha liña concreta de discurso, pretende "representar a toda a comarca, incindindo un pouco máis nos concellos que participan", unha participación que fan aportando 3.000€ cada Concello.
Deste xeito cada Concello levará o seu discurso: Camariñas enfocará a Fitur á Mostra do Encaixe, Muxía aos 5 establecimentos de Turismo Rural que contan con Q de Calidade; e Dumbría tirará de ciclismo para presentar una ruta cicloturista, unha vez que La Vuelta 2014 non pasará pola nosa bisbarra.
Cee, Fisterra e Malpica co Turgalicia
Como piden as administracións, Cee e Fisterra irán con Turgalicia. Se ben Brigantia estará tamén como cada ano promocionando a fin da terra, o Concello fisterrán levará o proxecto "Fisterra dende a nube", mentres que o malpicán fará o propio co Malpica. Mar de Sisargas.
Carnota e Muros
A natureza serán o centro da proposta dos concellos sureños na FITUR 2014.
Novas relacionadas
- Presentado o CMAT, o ente turístico que xestionará o xeodestino Costa da Morte.
- Fisterra lucíu o seu longueirón ante touroperadores de todo o mundo na Turexpo.
- FITUR 2013: A Etapa da Fin do mundo centra a presencia da Costa da Morte na Fitur.
- FITUR 2012: Unha FITUR de nasas, congros e bicicletas con sabor a Finisterre.
- FITUR 2011: Fitur volve coñecer varias Costas da Morte.
- FITUR 2010: Dúas Costas da Morte en Fitur.
- FITUR 2009: A Costa da Morte, divida no Fitur.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).