Corcubión con dúas das cinco Praias Sen Fume da Costa da Morte

Entrega do Diploma de Ouro a Corcubión O concello de Corcubión recibiu, por segundo ano, o galardón na categoría de ouro da iniciativa Praias sen Fume da Consellería de Sanidade por ter declaradas sen fume todas as praias do seu municipio. É certo que Corcubión só conta con dúas zonas de baño (a praia de Quenxe, e o pequeno dique de Santa Isabel), pero é ben destacable que o Concello se preocupe por declaralas con este distintivo. Corcubión, xunto con Baiona e Rianxo son os únicos concellos con todas as súas praias declaradas sen fume. Este verán, a gran novidade da Costa da Morte é Camariñas, que entra nesta rede por primeira vez con dous areais. Son en total, 5 os areais costeiros libres de fume: Arou e Lingunde en Camariñas; e A Cruz en Muxía, ademais das dúas corcubionesas. A Rede galega de praias sen fume nace cun fin educativo e de sensibilización social. As praias sen fume invitan a absterse de fumar aos usuarios do areal, coa excepción dos espazos ao aire libre que se atopan nos locais de hostalería de cada un deles.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-7-praias-da-costa-da-morte-onde-non-te-debes-banar-este-veran/ https://quepasanacosta.gal/10-praias-2-sendeiros-e-2-portos-da-costa-da-morte-luciran-bandeira-azul-este-veran/