Martes. 16.04.2024
El tiempo

Corcubión con dúas das cinco Praias Sen Fume da Costa da Morte

Corcubión con dúas das cinco Praias Sen Fume da Costa da Morte
Corcubion ten todas as suas praias sen fume Entrega do Diploma de Ouro a Corcubión O concello de Corcubión recibiu, por segundo ano, o galardón na categoría de ouro da iniciativa Praias sen Fume da Consellería de Sanidade por ter declaradas sen fume todas as praias do seu municipio. É certo que Corcubión só conta con dúas zonas de baño (a praia de Quenxe, e o pequeno dique de Santa Isabel), pero é ben destacable que o Concello se preocupe por declaralas con este distintivo. Corcubión, xunto con Baiona e Rianxo son os únicos concellos con todas as súas praias declaradas sen fume. Este verán, a gran novidade da Costa da Morte é Camariñas, que entra nesta rede por primeira vez con dous areais. Son en total, 5 os areais costeiros libres de fume: Arou e Lingunde en Camariñas; e A Cruz en Muxía, ademais das dúas corcubionesas. A Rede galega de praias sen fume nace cun fin educativo e de sensibilización social. As praias sen fume invitan a absterse de fumar aos usuarios do areal, coa excepción dos espazos ao aire libre que se atopan nos locais de hostalería de cada un deles.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-7-praias-da-costa-da-morte-onde-non-te-debes-banar-este-veran/ https://quepasanacosta.gal/10-praias-2-sendeiros-e-2-portos-da-costa-da-morte-luciran-bandeira-azul-este-veran/

Comentarios