Muros vístese de mar

Vístese de gala, de gala mariñeira, Muros, esta fin de semana. As XIII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar celébranse de venres 7 a domingo 9 de xullo, cunha completa aposta por poñer en valor o patrimonio cultural do noso mar. Ademais de engalanarse coma un mercado mariñeiro de antano, a vila terá obradoiros, pasarrúas, actuacións teatrais e musicais, artesanía, exposicións, visitas guiadas, concursos, libros,,, Os Muíños do Pozo do Cachón, o porto, Sel, emais as prazas do Cristo, Real e do Mercado serán os lugares onde máis vida haia.
 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).